top of page

Consúltanos para máis información

SERVIZOS ANPA AS LANDRAS

ANPA AS LANDRAS_edited_edited.png

ANPA AS LANDRAS

O CRA Raíña Aragonta conta coa colaboración da ANPA As Landras para ofrecer os diferentes servizos que podedes consultar a continuación.

Para máis información

657 485 808

Comedor

En colaboración coa ANPA Altamira. 

Está ubicado nun edificio anexo ao CEP Altamira.

 

Horario: 14:00-16:30

Os monitores veñen a recoller ao alumnado á sede do CRA.

1.png

Aula Madruga

Está ubicada na sede do CRA.

O seu horario é:

7:30 a 9:15 

2.png

Aula tardía

Depende do número de solicitudes.

Destinada ao alumnado que non acude ao comedor.

Horario: ata as 15:00

3.png

Actividades extraescolares

Trátanse de actividades diversas que se desenvolven en horario de 16:30 a 17:30 horas na Sede do CRA de luns a xoves.

Cada actividade deselvólvese un día da semana podendo, se a demanda o permite, crear máis dun grupo dalgunha actividade.

 

No curso actual tamén se ofrece unha actividade os venres nas instalacións do comedor escolar.

 

A oferta destas actividades varían en función do curso escolar e da demanda de cada actividade.

 

No actual curso escolar ofertáronse as seguintes: ximnasia artistica e aerobic, baile moderno, ciencias divertidas, multideporte, música e baile, fun kids english e cociña. Estas actividades teñen un custe que se concreta ao inicio de cada curso escolar.

4.png

Servizo Múdame

Trátase dun servizo no que unha persoa acude ao centro a mudar ao alumno/a nas situacións que este o precisa.

 

Ofértase para todas as aulas do centro sendo a ANPA As Landras a encargada da súa xestión.

O custe deste serizo depende do número de alumnos/as que o requiran.

Horario: 9:30-14:00

Diseño sin título (5).png

Conciliación

Para aquel alumnado que, durante o período de adaptación, precisa de xornada lectiva completa seguirase o establecido na orde de calendario que regule o curso 2025-2026.

Diseño sin título (6).png
bottom of page