
Coñécenos
CRA RAÍÑA ARAGONTA
A nosas escolas sitúanse en Salceda de Caselas.
O noso CRA está composto por 15 aulas de Educación Infantil, das cales 8 aulas están no centro urbano (sede, aulas da Esfarrapada) e as outras 7 distribuídas polas parroquias (Fontán, Soutelo, Picoña, San Xurxo, Barreiro, Entenza e Budiño). Nas aulas das parroquias o alumnado conta coas tres idades (3, 4 e 5 anos), porén as 8 aulas que están na sede do CRA non son mixtas, escolarizan ás nenas e aos nenos por idades.
Segue lendo e coñécenos máis.

Metodoloxía
A nosa metodoloxía parte das competencias básicas como elemento en torno ao cal xira toda a nosa práctica docente.
Establécese como medio principal de traballo a realización de proxectos que se desenvolven ao longo do curso tendo en conta, en todo momento, o enfoque globalizador.
As diferentes distribucións do espazo no centro facilitan os desprazamentos e a manipulación de obxectos. Ademais a organización por recunchos favorece a interacción entre os nenos e nenas así como, a súa autonomía, ao mesmo tempo que se inician nas diversas competencias básicas.
O enfoque globalizador confórmase como eixo principal da perspectiva didáctica a levar a cabo xa que se configura como o máis axeitado para que as aprendizaxes sexan máis significativas.
A maiores deste enfoque, téñense en conta outras pautas metodolóxicas como son, a atención a individualidade, a motivación ou a creación dun ambiente de seguridade a partir do xogo. O traballo por proxectos configúrase como medio principal para conseguir as aprendizaxes establecidas nesta etapa.
Destacar que as actividades serán lúdicas e motivadoras. Alternaranse actividades de movemento e repouso así como diferentes tipos de agrupamentos.
Por último, indicar que a atención á diversidade é un dos principios que rexen a nosa práctica educativa e para isto contamos cos recursos específicos necesarios.
PLAMBE
O CRA Raíña Aragonta forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) dende 2021.
Este plan procura incentivar e impulsar o desenvolvemento de proxectos de biblioteca escolar.
Dende o CRA traballamos para a constante mellora e actualización da biblioteca do centro entendida como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe en evolución cara un centro creativo das aprendizaxes.
Prestamos atención ao deseño da biblioteca con enfoque inclusivo tendo en conta aos espazos, recursos, oportunidades...
Tratamos de incorporar as novas tendencias en materia bibliotecaria: espazos para a creación, aprendizaxe manipulativa, investigación, traballo colaborativo, construción do coñecemento, ademáis de contribuir á mellora dos procesos de ensino aprendizaxe e a adquisición das competencias básicas.
Dende o CRA Raíña Aragonta estamos traballando en construír unha biblioteca activa e renovada segundo o modelo que se está a difundir ofrecendo oportunidades diferentes para o alumnado e profesorado, así como para a compensación das desigualdades.


RADIO NA BIBLIO
Dende o curso 2024/2025 o CRA Raíña Aragonta foi admitido no programa Radio na Biblio.
O noso principal obxectivo é que o alumnado teña un primeiro contacto e se familiarice coa radio e os elementos que a compoñen.
Este programa destaca polos seus múltiples beneficios, entre os que destacamos:
-
Fomenta as habilidades para o traballo en equipo.
-
Estimula o debate e contribúe ao perfeccionamento da comunicación oral e escrita, así como ao aumento da riqueza léxica.
-
Desenvolve e ensina o respeto das quendas de palabra e, por tanto, respeto entre os compañeiros/as.
-
Estimula a creatividade no alumnado.
Dende o CRA Raíña Aragonta estamos encantados de contribuír ao noso alumnado, profesorado e o resto da comunidade educativa con estas iniciativas tan positivas.

CENTRO PREFERENTE TEA
Dende o curso escolar 2019-2020, somos centro de escolarización preferente para alumando con trastorno do espectro do autismo. Esta nova consideración implica, entre outras características, a dotación do persoal especialista necesario para a atención destas alumnas e alumnos como é o caso da mestra de pedagoxía terapéutica ou, cando as necesidades o requiren, contar co apoio do coidador/a.
Este feito tamén garante a escolarización preferente do alumnado con TEA en calquera das aulas do noso centro.
Ademais, o centro conta cunha aula multisensorial como recurso específico para a atención á diversidade. Trátase dun recurso motivador e innovador para a atención a diversidade en xeral e para o alumnado con TEA, en particular.
PLURINFANTIL
O CRA Raíña Aragonta forma parte da rede de centros plurilingües de Galicia impartíndose unha sesión semanal en inglés a maiores da xa establecida con carácter xeral para todos os centros de Ed. Infantil.
A persoa encargada de impartir esta hora a maiores pode ser especialista en lingua estranxeira: inglés ou ben posuír un nivel B2 en lingua estranxeira.
No curso actual, 2024-2025 o programa atópese paralizado debido a que non contamos co profesodaro coa titulación necesaria para poder impartilo. Agardamos poder retomar o programa en todas as aulas do CRA o próximo curso 25-26.
A metodoloxía deste programa baséase no xogo e nun enfoque globalizador traballando todas as áreas e tendo en conta o desenvolvemento das competencias básicas así como o uso das tecnoloxías.
Ao formar parte da rede de centros plurilingües de Galicia a Consellería de Educación comprometeuse a proporcionar a un/unha auxiliar de conversa nativo/a. Por isto, este ano contamos cun auxiliar que serve de apoio á mestra de lingua estranxeira.


EQUIPO DOCENTE
O equipo docente do CRA Raíña Aragonta está conformado por:
26 mestres e mestras dos cales:
14 titores/as (un/unha por aula)
3 mestras de apoio
1 Especialista en educación musical
1 especialista en lingua estranxeira inglés
1 especialista en psicomotricidade
2 especialista en relixión católica
Departamento de Orientación formado por:
2 Orientadores (un deles compartido co CEP Altamira)
1 Especialista en pedagoxía terapéutica
1 Especialista en audición e linguaxe
E ademais:
1 Auxiliar de conversa
2 Persoal auxiliar coidador